¡Viva la Pepa!

¡VIVA LA PEPA!

1 de outubro   20:00 horas

Auditorio Municipal “Hernán Naval”. Ribadeo.

Peche de venda online 1 de outubro ás 18:00 horas

VENDA DE ENTRADAS

Pepa é unha muller sen futuro, nai solteira de dúas xemelgas que vive a vida alimentada tan só polo aire que respira e, quizá, pola positividade e o sorriso que nunca perde ante tanta amargura. Pero de súpeto todo cambia e, da noite para a mañá, convértese sen querelo nunha heroína. Os medios de comunicación fan dela a persoa máis popular do momento e políticos, xornalistas e programas de televisión dispútanlla. A súa vida gris parece volverse rosa e as promesas de axudas para os seus fillos, para o seu alugueiro, para todo, aos poucos esquécense. Ante tanta mentira, Pepa decide dar unha puñada sobre a mesa e tomar as rendas aproveitando que aínda non perdeu de todo a popularidade. Quere ser alcaldesa da súa cidade, Melilla. Quen dixo que non pode selo? Unha comedia chea de verdade, porque é na verdade onde nace a mellor comedia.

Reparto: Pepa Rus

Autores: Juan Luis Iborra e Sonia Gómez
Dirección: Juan Luis Iborra
Escenografía: Eduardo Moreno
Iluminación: Juanjo Llorens
Unha producción de Pentación Espectáculos, Deleite Producciones e Juan Luis Iborra

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.