Oceanía

OCEANÍA

10 de decembro   20:00 horas

Auditorio Municipal “Hernán Naval”. Ribadeo.

VENDA DE ENTRADAS

Oceanía é o testamento artístico e vital de Gerardo Vera. É o último proxecto que pariu antes de que o coronavirus o leváse prematuramente, e sen dúbida o máis ilusionante dos miles de traballos realizados ao longo do seu medio século de carreira en pantallas e escenarios.
Oceanía é o recordo dunha vida apaixonante. É o retrato dun país e dunha época. É a mirada outonal dun home excepcional que un bo día sentiu a necesidade de poñer negro sobre branco a historia da súa vida. Centos de páxinas nas que plasmou sen pudor unha realidade tamizada polo veo do recordo: a súa infancia privilexiada, a dolorosa ruína da súa familia, o nacemento do seu eterno amor polo cinema, o descubrimento do amor, o racho do desamor, o compromiso político, o odio ao pai, a reconciliación a través da compaixón. E o xerme do teatro, a súa verdadeira paixón que lle acompañou ata os seus últimos días.
Oceanía é o resultado da destilación desas páxinas en forma de monólogo. É un texto no que Gerardo e José Luis Arellano traballaron man a man durante meses, e cuxo resultado final, este que aquí presentamos, enchíalle de orgullo.
Oceanía é un sincero e profunda homenaxe póstuma da súa familia teatral, encabezada por Carlos Hipólito, que con gran xenerosidade métese na pel de Gerardo sen Gerardo, e José Luis Arellano, que recolleu a testemuña do seu mestre e amigo para terminar o que el empezara.

 

Dirección: José Luis Arellano
Interprete: Carlos Hipolito
Deseño de escenografía e vestiario: Alejandro Andújar
Deseño Iluminación: Juan Gómez-Cornejo (A.A.I.)
Videoescea: Álvaro Luna
Composición musical: Luis Delgado
Deseño gráfico: Rubén Salgueiros
Producción executiva: Mikel Gómez de Segura, Isabel Romero de León COART+E
Deseño de Producción: Mikel Gómez de Segura

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.