Noa Lur Jazz for Children
Domingo 27 de novembro 18,30 horas
Auditorio Municipal “Hernán Naval” . Ribadeo
Prezo,- 5,00
Premiada como unha das mellores voces novas do jazz europeo no Festival Internacional “Nomme Jazz” de Estonia, Noa Lur alcanzou o Número 1 en vendas en Itunes Jazz co seu single “Moody ́s Mood For Love”, tema incluído na Edición Especial do seu primeiro e exitoso disco “Badakit”. Unha das premisas imprescindibles deste espectáculo é que nenas e nenos escoiten, canten bailen!, fagan Scat! A interacción é un dos fortes de Jazz For Children, de modo que o público infantil sente parte do show. O repertorio coñecido por peques e maiores, está baseado nos temas máis recoñecibles de películas de debuxos animados como “Aladdin”, “Frozen”, “Gru”, en standards de jazz fusionados con motivos de videoxogos como Mario Bros, bandas sonoras de cinema e composicións orixinais. Se intercalan sempre áxiles explicacións a través dunha posta en escena teatralizada coas que os pequenos aprenden sobre os instrumentos, sobre aspectos melódicos, harmónicos e rítmicos, sobre a historia do jazz... concerto espontáneo, divertido, didáctico, familiar...