Los Deltonos
Martes 6 de decembro 20,00 horas
Auditorio Municipal “Hernán Naval” . Ribadeo
Prezo,- 15,00
Los Deltonos é un grupo formado en 1986 en Muriedas, Cantabria. Comezou sendo un trío, con Hendrik Röver como único guitarrista, ademáis de baixo e batería. Tras varios cambios na súa formación só Röver segue no grupo desde a fundación do mesmo. Desde a gravación de «Sólido» son catro os compoñentes coa incorporación de Macaya como guitarrista. Definir o seu estilo musical é arriscado pois calquera definición supón simplificar demasiado dada a gran cantidade de influencias e matices que hai nas súas composicións. Nos seus comezos consideróuselles un grupo de Rhythm and Blues pero foron cambiando con cada novo traballo, incorporando sons próximos ao Funk, o Power Pop, e nos seus últimos discos, sobre todo «GT» e «Bos Tempos», sóns sureños, con máis presenza de guitarras acústicas ou a Steel guitar, pero mantendo sempre un són propio e característico marcado polo estilo persoal e virtuoso á guitarra de Hendrik e as letras sempre en castelán das súas composicións propias.