ALMA DE BOHEMIO - La Porteña Tango

2 de abril 20,00 horas
Auditorio Municipal “Hernán Naval” de Ribadeo

 

Peche de venda online 2 de abril as 18:00 horas

VENDA DE ENTRADAS

A Porteña Tango con 13 anos de traxectoria e case 700 concertos realizados nos escenarios de 20 países en catro continentes vístese de gala para presentar un novo show, un espectáculo moderno e renovado onde se entrelazan a música, a danza e as histórias que van desde as emocións máis profundas, á picardía e o humor. Lembrando que o Tango Arxentino é unha música popular e próxima ao público de todas as idades, afastándoo dos clichés e lugares comúns. Un espectáculo que nos convida a pasear por un longo e sinuoso camiño que percorre a história dunha música que naceu humildemente nos suburbios e portos do Río da Prata e transcendeu ao mundo por forza propia case sen nin propoñerllo. Os integrantes da Porteña nunca esqueceron eses preceptos fundamentais e nas súas presentacións os vellos clásicos do xénero conviven cos sons máis modernos, a desvergoña, as novas harmonías e a vangarda das composicións do xenio Astor Piazzolla a quen lle dedica unha parte do seu novo show especialmente, debido ao centenario do seu nacemento.


ALEJANDRO PICCIANO, Guitarra e Dirección Artística
FEDERICO PEUVREL, Piano e coros
MATÍAS PICCIANO, Bandoneón e coros
MEL FERNANDEZ, Voz

Danza e Coreografías
CARLOS GUEVARA e DÉBORA GODOY
DAVID SUAREZ e JUANA ESCRIBANO

GUILLERMO LEÓN HENAO e GEMA LEIVA.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.