Gisele Jackson & The Shu Shu's

Venres 9 de decembro 20,30 horas
Auditorio Municipal “Hernán Naval” . Ribadeo
Prezo,- 15,00

VENDA DE ENTRADAS

Cando a xoven Gisele Jackson era unha estudante de primeiro ano na Universidade de Howard, xa se atopaba sobre os escenarios de Washington D.C. coa súa primeira banda de soul clásica. Antes de facer de Brooklyn o seu fogar, Gisele realizou unha xira como ‘Raelette’ con Ray Charles no apoxeo da súa carreira, e a partir de entón tamén acompañou a lendas como a inigualable Donna Summer ou o seu ‘padriño’ James Brown. Na súa carreira xirou por máis de 18 países en América do Norte, Asia, Europa e África. Actuou en solitario nos principais clubs de jazz de USA; teloneou a artistas da talla de Tito Puente, Bette Midler, The Commodores, B-52 e unha gran cantidade de xigantes da música. Chegou a actuar nas estreas e cerimonias de premios de Hollywood e apareceu na gran pantalla cantando na película “First Wives Club”. Foi a encargada de cantar na toma de presidencia do mesmo Bill Clinton. A revista Billboard elevouna á categoría de diva por mor do seu gran éxito mundial, o clásico de baile “Love Commandments”.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.