“EL AGUAFIESTAS”
“EL AGUAFIESTAS”
Sergei (Josema Yuste) é un asasino a soldo que se hospeda nun hotel, para poder cumprir co seu rifle desde a xanela, un dos seus “encargos”. Pero a súa tarefa verase constantemente interrompida por Ramón (Santiago Urrialde), o hóspede do cuarto contiguo. Un home moi, pero que moi pesado, que pretende suicidarse despóis de que a súa muller o abandonou. Escrita por Francis Veber, un dos dramaturgos máis recoñecidos en Francia e outros países de Europa, autor do clásico de humor “A cena de los idiotas”, chega agora a nova versión desta comedia de éxito da man de Josema Yuste baixo a dirección de Marcelo Casas.
EL AGUAFIESTAS é unha comedia para rir por dentro e, despóis, rir cara a fóra. É unha comedia para que o espectador a vaia cociñando e dixerindo case á vez. En que banzo situarías a amizade na escaleira da túa vida? Estarías disposto a brindar a túa amizade a cambio de nada? EL AGUAFIESTAS ten nos seus personaxes principais e secundarios todo o que moitas comedias desexarían ter: xenerosidade, tenrura, maldade, inxenuidade, surrealismo, estupidez aparente e profundidade desaparente. Tal como o que podes atopar en “Ali Express”. EL AGUAFIESTAS farache cóxegas no corazón e farache rir de dentro cara a fóra. Quen dixo que a risa o cura case todo? Eu si. Non lles conto a historia desta comedia, pois prefiro que a esfollen vostedes á súa antollo, que a vaian descubrindo de cando en vez e gócena aos poucos.
Josema Yuste
Reparto
Josema Yuste
Santiago Urrialde
Maribel Lara
Vicente Renovell
Kiko Ortega
Arturo Venegas
Equipo Artístico e Técnico
Versión e supervisión Xeral: Josema Yuste
Dirección: Marcelo Casas
Axudante de Dirección: Laura Santana
Escenografía: Javier Ruiz de Alegría
Iluminación: Carlos Alzueta
Deseño Gráfico: Javier Naval
Rexiduría: Kiko Ortega
Maquinistas: José Montero y Ernesto Torregrosa
Transporte decorados: Ribot Transporte Especializado S.L.
Construcción decorados: Scenik